• A fala viva : na homenaxe á lingua

    A fala viva : na homenaxe á lingua

    Carvalho Calero, Ricardo

  • O Día da Galiza : o Ferrol galego

    O Día da Galiza : o Ferrol galego

    Carvalho Calero, Ricardo

  • Laboremos por un Ferrol gallego

    Laboremos por un Ferrol gallego

    Carvalho Calero, Ricardo

Ricardo Carvalho Calero en Galiciana

Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia quere contribuír á conmemoración do Día das Letras Galegas 2020, dedicado a Ricardo Carvalho Calero, coa creación dun novo  micrositio  que recolla o labor como articulista deste autor.

Ricardo Carballo Calero, ou Ricardo Carvalho Calero, nome co que asinou as súas obras desde 1981 ata o seu falecemento, foi filólogo, escritor, mestre de varias xeracións e o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago. Está considerado o gran pensador do reintegracionismo, sendo membro da Academia das Ciencias de Lisboa desde 1981 e membro de honra da  Associaçom  Galega dá  Língua. Todas estas actividades, ademais da súa contribución ao estudo da Literatura galega fan de Ricardo Carvalho Calero unha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX.

Desde os seus inicios, a sección de Hemeroteca de Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia constitúe o gran proxecto desta biblioteca dixital. O seu obxectivo é, e segue sendo, conservar as publicacións periódicas galegas que corren o risco de desaparecer, así, hoxe en día temos como resultado unha importante colección de xornais e revistas en formato dixital, que non deixa de crecer.

Para elaborar o micrositio de Ricardo Carvalho Calero realizouse un baleirado das publicacións periódicas que se atopan dixitalizadas en  Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia. O resultado dese baleirado é unha colección de 24 artigos pertencentes a publicacións como El Correo Gallego, que achega 11, trátase de artigos e poemas escritos en galego e castelán, entre os que cabe destacar un titulado "A  fala viva:  na  homenaxe  á  lingua", publicado o Día de Galicia de 1930, no que fai unha  reinvindicación da lingua galega. Como colaborador de La Noche, onde utilizaba o pseudónimo Fernando Cadaval, publicou 9 artigos, a maioría deles dedicados á crítica literaria.