OAI, siglas en inglés de Open Archives Initiative , naceu co obxectivo de facilitar o acceso e a recuperación do material académico editado electronicamente, ePrints, pero na actualidade ten tamén como propósito facilitar unha consulta o máis ampla posible dos recursos dixitais, en xeral, e dos materiais bibliográficos relacionados coa cultura, a ciencia e o ensino dixital. Trátase dunha normativa amplamente estendida que se apoia nun protocolo de mensaxes de intercambio moi sinxelas e na codificación dos rexistros segundo o esquema de metadatos Dublín Core, ISO 15836, que permiten describir ese tipo de información bibliográfica dunha forma simple e moi flexible.
Enderezo do repositorio OAI desta biblioteca é http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/i18n/oai/oai.cmd