Apuntes biográficos/históricosA Editorial Nós foi unha casa editorial galega creada na Coruña en 1927. Foi fundada e dirixida polo político e escritor galeguista Ánxel Casal. Da súa imprenta saíron A Nosa Terra e a revista Nós. O seu nome completo era "Nós, pubricacións galegas e imprenta".
A revista Nós naceu en Ourense no ano 1920, mais a partir do número 16 comezou a se imprimir en Pontevedra na busca de menores custos. En novembro de 1924, Ánxel Casal, en colaboración con Leandro Carré Alvarellos, fundou a Editorial Lar. Máis tarde, desvencellouse desa iniciativa para fundar en 1927 a Editorial Nós, onde finalmente tería cabida a revista. O 25 de novembro de 1927 publicou o primeiro título Historia sintética de Galicia de Ramón Villar Ponte. En 1930 fundou o xornal republicano El Momento que, por falla de apoio, só duraría 14 números e arrastraría case que á quebra á editorial Nós.
A editorial pasou axiña a ser o brazo editorial das Irmandades da Fala, coa revista A Nosa Terra.
Galipedia