Apuntes biográficos/históricosNado en Manzanal del Puerto onde estudou ata que tivo idade para entrar no seminario de Astorga. Unha vez ordenado como sacerdote, foi mordomo do mesmo seminario de Astorga e máis tarde Cóengo Maxistral de Lugo e Doutor da Catedral de Burgos.
En 1905 foi nomeado bispo de Jaca e en 1913 arcebispo de Tarragona. Polemista na prensa, colabora na Revista Gallega, semanario dominical e bilingüe, considerada a representación liberal xornalística da Coruña. Foi autor dunha obra extensa, investigador e historiador, e pertenceu ás Reais Academias da Lingua, da Historia, de Belas Artes e das Ciencias Morais e Políticas.
O seu vínculo familiar coa comarca do Bierzo lévao a fixar a súa residencia na localidade de Albares de la Ribera na chamada casa da Horta Grande que acolle a súa biblioteca de máis de 6000 volumes. O viñedo da propiedade daba traballo a unha trintena de persoas e, en torno a el, creou unha Escola de Enoloxía.
Foi senador por razón do seu cargo entre os anos 1907 e 1914, e por dereito propio ata 1918.