(Santiago de Compostela, A Coruña, España, 1702 - Lousame, A Coruña, España, 1777)
Apuntes biográficos/históricosDiego Antonio Cernadas y Castro fixo carreira eclesiástica cos Xesuítas. Foi coñecido popularmente como "O Cura de Fruíme", debido ao seu labor ao fronte do curato de Fruíme (ás aforas de Compostela) dende 1726 ate a súa morte.
A súa curiosidade intelectual fixo que o autor mantivese ao longo da súa vida unha intensa e enriquecedora correspondencia con varios persoeiros da época. Unha comunicación que sen dúbida influíu na súa obra, de carácter marcadamente heteroxéneo. Nela atopamos composicións en prosa, verso e teatro, escritas tanto en galego coma en castelán.
A obra en sete volumes titulada Obras en prosa y verso del Cura de Fruíme, publicada postumamente en Madrid, recolle a produción literaria que se conserva deste autor. Nela destaca sobre todo a tenacidade e o apaixonamento co que defende a Galicia. Tense constancia de que o Cura de Fruíme escribiu máis textos que, desafortunadamente, permanecen inéditos.
Formas alternativas do nome Cernadas y Castro, Diego Antonio, 1702-1777
Cernadas Castro, Diego Antonio
Cura de Fruíme, 1702-1777
D.B.C.F.A., 1702-1777
Zernadas y Castro, Diego Antonio, 1702-1777
Capellán de los Dolores de Fruime
Cernadas de Castro y Ulloa, Diego Antonio
Cernadas, Diego
Zernadas de Castro y Ulloa, Antonio
Zernadas de Castro y Ulloa Diego Antonio