Apuntes biográficos/históricosFoi un pintor, escritor e político de Vilagarcía de Arousa.
Iniciado como os seus irmáns nos negocios do seu pai, pronto destaca como home de empresa, de tal modo que en 1936 ostenta o cargo de vicepresidente da Asociación de madeireiros de Galicia. Posteriormente, na súa etapa arxentina, dedicarase ao negocio da hostalería para logo pasar ao mundo editorial.
Como pintor, expón no ano 1918, cualificándoo a prensa como "notable paisaxsta". Pinta os murais do restaurante "La Casa de la Troya" en Bos Aires en colaboración con Castelao.
Na década de 1920, ten ocasión de expoñer os seus coñecementos nas máis variadas ramas do saber, ensinando no Colexio León XIII.
Excelente deportista foi en 1909 capitán dos equipos de fútbol " Centella" e "Villagarcía F. B. C."
Bo músico, tivo ocasión de desenvolver a súa capacidade organizativa a través da Asociación de Cultura Musical. Na súa calidade de director da mesma, conseguiu traer a Vilagarcía unha completa e variada selección de músicos.
Tivo ademais tempo de organizar veladas teatrais e mesmo de intervir nalgunhas delas tales como, "La escondida senda" que dirixe Ricardo Urioste; "El dios Momo deputado" ou "Arremángate que hay lama", de Ricardo Urioste e Román Fernández, con personaxes tan coñecidos como Valentín Briones ou Manolo Rey.
Membro activo do partido galeguista hai que destacar entre as súas actuacións a representación de Vilagarcía en 1931, xunto con Núñez Búa e Roxerius na Asemblea do Partido Galeguista en Pontevedra.
En 1935 aparece como vogal da sección vilagarciá do Partido Galeguista.
Pasada Guerra Civil volve a Vilagarcía, reiniciando as súas actividades nos centros recreativos, chegando a ser presidente do Casino, pero é sobre todo importante esta etapa da súa vida pola edición do libro "Mariscos de Galicia", presentado no seu día polo notable especialista en temas mariños, Valentín Paz Andrade.
Víctor Viana
Formas alternativas del nombre Villaverde Rey, Luis
Fuentes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 24 de maio de 2021.. - http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=5272
2. El polifacético vilagarciano Luis Villaverde Rey (31.03.2013). En: www Faro de Vigo, visitado o 24 de maio de 2021.