Apuntes biográficos/históricosEugenio Granell é un pintor surrealista nado en A Coruña (1912-2001, Madrid) aínda que viviu a súa nenez e mocidade en Santiago de Compostela. Granell iniciou a súa vida artística como violinista. Involucrouse políticamente en Madrid. Cando foi a estudar música únese ao POUM, partido político. Comezou a pintar en 1941 na República Dominicana onde morou tras se exiliar despois da Guerra Civil en 1939. En varias ocasións o artista comentou que foi surrealista desde o principio: "Eu nacín surrealista, de neno debuxaba arquitectura e castelos fantásticos e cando coñecín aos surrealistas souben que eu xa fixera aquilo antes". A súa identidade con este movemento afirmouse despois de coñecer a André Breton, o autor do "Manifesto Surrealista" (1924), na República Dominicana en 1941.
Eugenio Granell viviu en Guatemala e en Porto Rico até que en 1956 mudouse a Nova York onde foi profesor de literatura española no Brooklyn College até que se xubilou. Doutorouse en Socioloxía na New School for Social Research. Publicou a súa tese doutoral "A Guernica de Picasso. A final dunha era española" (1967). Granell e a súa esposa Amparo xubiláronse e mudaron a Madrid en 1985.
Dende 1995 o Pazo de Bendaña, en Santiago de Compostela, acolle a Fundación Eugenio Granell onde se expoñen as obras do propio Granell así como de outros artistas e obxectos de varios países que foi coleccionado ó longo da súa vida. A Fundación ten como propósito o estudo da obra de Granell, do Surrealismo e correntes afíns.
Formas alternativas del nombre Granell, Eugenio.
Granell, Eugenio (1912-2001)
Granell, Eugenio Fernández, 1912-2001
Fuentes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 20 de xuño de 2012. - http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=2334
2. Catálogo de Autoridades da Biblioteca Nacional. BNE19900082347
3. Diccionario Biográfico Español da Real Academia da Historia. Visitado o 4 de xullo de 2012. - Fernández Granell, Eugenio (La Coruña 28.XI.1912 - Madrid 25.X.2001)
4. Library of Congress Name Authority File. - Granell, Eugenio Fernández, 1912-2001