A Costa Brava é o nome asignado á zona costeira de Cataluña que comeza na desembocadura do río Tordera en Blanes e acaba na fronteira con Francia en Portbou. Limita ao norte coa Costa Vermella e ao sur coa Costa do Maresme. Esta franxa litoral ten unha extensión de 214 km e está comprendida polas comarcas catalás do Alt Empordà, o Baix Empordà e La Selva. Sitúase na provincia de Xirona, pertencente á Comunidade Autónoma de Cataluña. O termo Costa Brava foi publicado polo xornalista Ferrán Agulló nas páxinas de La Veu de Catalunya o 12 de setembro de 1908. Con esta expresión o xornalista quería describir a paisaxe agreste e escarpado que caracteriza gran parte da zona costeira. Xa pola década dos 30, os turistas enchían as praias da zona, pero aínda se mesturaban con pescadores e agricultores que cultivaban preto da costa. A partir dos anos 50 e 60 o fenómeno turístico xeneralizouse e houbo un gran desenvolvemento urbanístico dalgunhas localidades destas comarcas. Ata a chegada da economía do turismo, moitas das localidades da rexión costeira eran pequenos pobos de pescadores de casas encaladas e estreitos rueiros. Os seus habitantes, as súas tradicións e a beleza natural da rexión espertaron o interese de artistas e escritores como Marc Chagall, Picasso, Rusiñol ou Dalí. Actualmente, a zona aínda conserva gran parte desta esencia que a caracterizaba antes do cambio que supuxo a chegada do turismo
La Costa Brava es el nombre asignado a la zona costera de España que empieza en Blanes, y acaba en la frontera con Francia en Portbou. Limita al norte con la Costa Vermella y al sur con la Costa del Maresme. Esta franja litoral tiene una extensión de 214 km y está comprendida por las comarcas catalanas del Alto Ampurdán, el Bajo Ampurdán y La Selva. Se sitúa en la provincia de Gerona, perteneciente a la Comunidad Autónoma de Cataluña en España
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal