A ría de Betanzos é unha ría galega, unha das doce que conforman as Rías Altas, e unha das catro que forman o golfo Ártabro. Atópase no norte da provincia da Coruña, e baña os municipios de Sada, Bergondo, Betanzos, Paderne, Miño e Pontedeume.A ría nace na cidade de Betanzos, como consecuencia da desembocadura conxunta dos ríos Mendo e Mandeo. Discorre entre marismas e xunqueiras durante uns oito quilómetros, para ampliarse notablemente a partir de entón, e acabar uníndose á Ría de Ares no cabo coñecido como Punta Carboeira. Ademais dos mencionados ríos, desembocan nas súas augas o Lambre e o Baxoi, ambos pola súa marxe dereita.Duramente castigada polas mareas negras provocadas polos petroleiros Urquiola (1975) e Mar Exeo (1992), ámbolos dous sinistrados no veciño porto da Coruña, a ría loita por recuperar a riqueza marisqueira que noutrora a caracterizaba. Conta con algunhas das mellores praias de Galicia, destacando especialmente a de Perbes e a Praia Grande, no concello de Miño, e a de Gandarío, no termo municipal de Bergondo.Aínda que na antigüidade foi navegable en toda a súa extensión, os sedimentos depositados nos seus fondos e ribeiras foron reducindo ostensiblemente o seu calado, ata permitir a navegación unicamente no seu tramo final. Porén, esta circunstancia permitiu a construción de tres pontes sobre as súas augas: unha de ferrocarril e dous viadutos, que permiten acurtar o traxecto que separa A Coruña de Ferrol.Esta condición permitiu, con todo, a súa catalogación como espazo natural protexido dentro da Rede Natura 2000 impulsada pola Unión Europea dentro do conxunto Betanzos-Río Mandeo. Así, a ría de Betanzos conságrase como un Lugar de Importancia Comunitaria debido á súa riqueza faunística típica dun espazo intermareal
La ría de Betanzos es una de las doce que conforman las Rías Altas gallegas, y una de las cuatro que forman el golfo Ártabro. Se encuentra en el norte de la provincia de La Coruña, y baña los municipios de Sada, Bergondo, Betanzos, Paderne, Miño y Puentedeume. La ría nace en la ciudad de Betanzos, como consecuencia de la desembocadura conjunta de los ríos Mendo y Mandeo. Discurre entre marismas y juncales durante unos ocho kilómetros, para ampliarse notablemente a partir de entonces, y acabar uniéndose a la Ría de Ares en el cabo conocido como Punta Carboeira. Además de los mencionados ríos, desembocan en sus aguas el Lambre y el Baxoi, ambos por su margen derecha. Duramente castigada por las mareas negras provocadas por los petroleros Urquiola (1975) y Mar Egeo (1992), ambos siniestrados en el vecino puerto de La Coruña, la ría lucha por recuperar la riqueza marisquera que antaño la caracterizaba. Cuenta con algunas de las mejores playas de Galicia, destacando especialmente la de Perbes y la Playa Grande, en el ayuntamiento de Miño, y la de Gandarío, en el término municipal Bergondo. Si bien en la antigüedad fue navegable en toda su extensión, los sedimentos depositados en sus fondos y en sus riberas fueron reduciendo ostensiblemente su calado, hasta ser posible la navegación únicamente en el tramo final. No obstante, esta circunstancia ha permitido la construcción de tres puentes sobre sus aguas: uno de ferrocarril y dos viaductos, que permiten acortar el trayecto que separa La Coruña de Ferrol. Esta condición ha permitido, sin embargo, su catalogación como espacio natural protegido dentro de la Red Natura 2000 impulsada por la Unión Europea dentro del conjunto Betanzos-Río Mandeo. Así, la ría de Betanzos se consagra como un Lugar de Importancia Comunitaria debido a su riqueza faunística típica de un espacio intermareal
Enlaces relacionados
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal