Apuntes biográficos/históricosLuciano Taxonera Vivanco, nado en Ferrol o 4 de abril de 1890 e finado en Caracas o 30 de abril de 1967, foi un xornalista e escritor galego.
Fillo de Luciano Taxonera Cabo. Trasladouse sendo mozo a Madrid onde comenzou a súa carreira xornalística en El Diario Universal, La Mañana e El Fígaro, onde foi redactor-xefe. Viaxou a Lisboa, Roma, París e América do Sur como enviado especial de prensa. En 1959 instalouse en Caracas, onde faleceu.
Ademais de xornalista, foi un prolífico escritor e tradutor de varias obras. No campo da biografía publicou en 1941Un político español del siglo XIX. González Bravo y su tiempo, que lle supuxo o premio Fastenrath da Real Academia Española.
O seu primeiro libro, Charla, críticas al día, apareceu en Madrid en 1912. Pouco despois empezaron a publicarse novelas e libros de inspiración histórica, entre elas El otro amor (1913); Rosas de diciembre (1914); La nieve de los años (1914); La comedia de vivir (1915); El corazón batalla (1916); Lo que nos dicen las ruinas (1919); La vida a distancia (1913); La revolución del 54 (1931); ¿Qué haces que no llegas? (1932); Mi amigo el soldado Kanya (1943) e El destino manda. Diario de amor y de guerra.
Galipedia
Formas alternativas del nombre Tasconera, Luciano de, 1890-1967
Taxonera, Luciano, 1890-1967
Taxonera Vivanco, Luciano, 1890-1967
Taxonera y Vivanco, Luciano, 1890-1967
Seudónimo:
Seudónimo: Ega, Juan de, 1890-1967
Seudónimo: Mantua, Luciano de, 1890-1967
Fuentes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 14 de marzo de 2022
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX1170815. Visitado o 14 de marzo de 2022