(Monforte de Lemos, Lugo, España, 1827 - Santiago de Compostela, España, 1900)
Apuntes biográficos/históricosFoi un médico e político galego.
Foi un innovador no campo das operacións, da difusión das novas metodoloxías biomédicas e da divulgación médica. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1893-1896 e 1898-1900), militou no Partido Liberal e foi senador pola Universidade de Santiago de Compostela (1886-1899). Foi presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1869-1871).